A liña de axudas de eficiencia enerxética lanzada pola Xunta recibe no primeiro mes de convocatoria máis de 500 solicitudes | Observatorio de Vivenda

A liña de axudas de eficiencia enerxética lanzada pola Xunta recibe no primeiro mes de convocatoria máis de 500 solicitudes

A liña de axudas de eficiencia enerxética lanzada pola Xunta recibe no primeiro mes de convocatoria máis de 500 solicitudes

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda salientou que a nova liña de axudas de eficiencia enerxética en edificios existentes está a espertar gran interese entre os cidadáns, tal e como demostran as máis de 500 solicitudes rexistradas tan só primeiro mes de convocatoria.

O departamento está a xestionar este programa de axudas para actuacións de mellora dos inmobles (reguladas por Real decreto do 4 de agosto), para as que se prevé un orzamento global de 17 millóns de euros, dos cales 8,5 millóns de euros serán só para o presente exercicio.

Ademais, estas axudas tamén están dirixidas aos propietarios de vivendas unifamiliares ou de edificios de tipoloxía residencial, así como ás persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios –sempre que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código Civil- e que desexen levar a cabo unha mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica, apostar polo uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria, así como mellorar as instalacións de iluminación.

Fonte | Xunta de Galicia