A liña de axudas para corrixir impactos paisaxísticos en edificios municipais lanzada pola Xunta esgota o orzamento nos seus primeiros días | Observatorio de Vivenda

A liña de axudas para corrixir impactos paisaxísticos en edificios municipais lanzada pola Xunta esgota o orzamento nos seus primeiros días

A liña de axudas para corrixir impactos paisaxísticos en edificios municipais lanzada pola Xunta esgota o orzamento nos seus primeiros días

A nova orde de axudas para corrixir impactos paisaxísticos en edificios e equipamentos públicos municipais impulsada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda a través do Instituto de Estudos do Territorio (IET) para avanzar na loita contra o feísmo, esgotou xa o pasado sábado, horas despois de que se abrira o prazo de presentación das solicitudes, o orzamento reservado a unha das súas dúas liñas de actuación.

Estas subvencións van dirixidas a entidades locais de menos de 20.000 habitantes para axudalas a emendar o impacto negativo que poden causar sobre a contorna tanto edificios e dependencias que acollen servizos municipais, sendo o importe máximo a recibir o 70% do custo estimado da actuación, cun límite máximo de entre 25.000 e 10.000 euros, segundo o caso.

Esta nova orde de axudas súmase á liña de incentivos convocada en abril  que foi dirixida a propietarios individuais e comunidades de veciños co fin de emendar e corrixir impactos paisaxísticos en edificacións particulares, que tamén se agotaron nos seguintes días da súa publicación.

Fonte | Xunta de Galicia