Lisboa é a segunda cidade capital máis barata de Europa para comprar unha vivenda | Observatorio de Vivenda

Lisboa é a segunda cidade capital máis barata de Europa para comprar unha vivenda

Lisboa é a segunda cidade capital máis barata de Europa para comprar unha vivenda

Segundo os datos da empresa británica CIA Landlord Insurance, podemos atopar vivendas por 227.751 euros na capital portuguesa, converténdose con estes prezos na segunda capital máis barata para comprar unha propiedade en Europa Occidental. Tan so Bruselas consegue superar a Lisboa, sendo posible adquirir unha propiedade por 221.073 euros na capital belga, sendo o custo medio de vida de 1.255 euros ao mes, fronte aos 1.048 euros ao mes de Lisboa.

Nas aforas da cidade de Lisboa é onde atopamos as vivendas en venda máis baratas, con prezos que están arredor dos 2.600 euros o metro cadrado, fronte aos 4.547 euros o metro cadrado que custa comprar unha vivenda no centro da cidade. Atendendo ao prezo do alugueiro dun piso, o custo medio será de 860 euros ao mes.

Completando a clasificación de cidades máis baratas para comprar unha vivenda en Europa atopamos a Madrid pechando o podio, con prezos sobre os 247.000 euros. No outro extremo temos a París como a cidade máis cara para comprar unha vivenda en Europa Occidental, onde a propiedade custa, de media, 620.809 euros, seguida de Londres e Luxemburgo, con prezos arredor de 581.000 e 557.000 euros.

 

Fonte | Idealista