A longa lista de espera para obter o EWS1, un certificado para asegurar que as fachadas dos edificios son seguras en caso de incendio, deixa miles de pisos invendibles no mercado británico | Observatorio de Vivenda

A longa lista de espera para obter o EWS1, un certificado para asegurar que as fachadas dos edificios son seguras en caso de incendio, deixa miles de pisos invendibles no mercado británico

A longa lista de espera para obter o EWS1, un certificado para asegurar que as fachadas dos edificios son seguras en caso de incendio, deixa miles de pisos invendibles no mercado británico

A madrugada na que ardeu Grenfell, un edificio de 24 plantas de vivenda social en Londres, desatouse un terremoto que aínda sacude o mercado inmobiliario británico: os bancos comezaron a condicionar as hipotecas á demostración ao detalle de que a fachada dun inmoble era segura en caso de incendios e para iso, a Royal Institution of Chartered Surveyors (RICS), o organismo que forma e agrupa a todo tipo de inspectores do sector inmobiliario, creou en 2019 un certificado especial para este propósito: o EWS1. A RICS deu instrucións aos tasadores para que os pisos en edificios que non conseguiran o EWS1 foran valorados automáticamente en cero libras e así é como miles de propietarios (4,6 millóns segundo un estudo encargado por The Telegraph) acabaron tendo pisos inseguros cuxa hipoteca aínda pagan pero que non poden vender porque, para os bancos, non valen nada.

O resultado é unha longa lista de espera para obter o EWS1 (unha media dun ano) e miles de vivendas prácticamente invendibles en momentos nos que o sector da vivenda está á alza. Pese á pandemia, os prezos creceron un 8,5% en 2020, segundo datos oficiais, xa que a demanda disparouse ante incentivos como a suspensión ata marzo do imposto de transmisións patrimoniais. 

Fonte | El País