Lugo comeza 2024 con menor oferta de vivenda e prezos en máximos históricos | Observatorio de Vivenda

Lugo comeza 2024 con menor oferta de vivenda e prezos en máximos históricos

Lugo comeza 2024 con menor oferta de vivenda e prezos en máximos históricos

Lugo comeza o 2024 nunha situación enquistada que se repite desde hai anos, onde a oferta de casas e pisos alcanza mínimos e os prezos, máximos históricos. As últimas vivendas que ofertan as inmobiliarias de Lugo para aqueles que busquen alugar unha, exceden os 500 euros mensuais. A zona norte é a máis barata mentres que no Campus Terra, xa ao sur, é difícil atopar piso por menos de 600 euros, no mellor dos casos.

A Milagrosa, na zona Norte é un dos barrios máis baratos para arrendar, hai pisos de dúas habitacións por 500 euros mensuais que, no caso de ser de recente construción, ascenden a 600. Dentro do recinto amurallado hai máis dunha vintena de propiedades que buscan arrendatarios, onde os prezos mensuais oscilan entre os 600 e os 1.000 euros. En Salvador de Madariaga, na zona Sur, os prezos mantéñense ao alza. 

Mentres que alugar é unha misión case imposible por menos de 500 euros mensuais, no caso de adquirir unha vivenda hai máis posibilidades, por exemplo, dentro do Concello de Lugo pódense adquirir máis de 300 propiedades que actualmente están á venda. 

Fonte.- La Voz de Galicia