Lugo pecha o ano 2023 como a provincia con menor número de vivenda nova | Observatorio de Vivenda

Lugo pecha o ano 2023 como a provincia con menor número de vivenda nova

Lugo pecha o ano 2023 como a provincia con menor número de vivenda nova

A Federación Galega de Empresas Inmobiliarias (Fegein) publicou o seu balance do mercado no 2023. En concreto, para a provincia de Lugo, o ano terminou con menos stock de vivenda nova e tamén en mínimos de pisos de alugueiro. Os inmobles usados son os que manteñen máis activo o sector e, debido á alza dos prezos da construción, a previsión é que así siga este 2024. As inmobiliarias auguran un ano máis estable, aínda que con dificultades para alugar unha casa e sen apenas opcións para ter unha vivenda nova.

A provincia de Lugo pechou o 2022 con 1.902 vivendas novas dispoñibles, segundo Fegein. Durante o 2023, as vivendas construidas non se equipararon ás vendidas e hai 77 menos. Decembro pechouse con 1.825 deste tipo de inmobles. Por segundo ano consecutivo, a lucense é a provincia de Galicia con menos obra nova. A seguinte é Ourense, cunha ampla diferenza de 2.250 vivendas.

A pesar de que Lugo é a provincia con menos vivenda nova, o movemento de pisos de segunda mán fixo que non sexa a o último territorio en operacións de compravenda durante o 2023. O ano pasado realizáronse 2.239 operacións de compra de inmobles usados e novos, superando neste aspecto a Ourense, que queda en 1.970. A nivel autonómico, caíron un 12 % con respecto ao ano anterior. En Lugo, o máis buscado foron pisos con tres dormitorios e garaxe. Iso si, Fegein destaca como reto que entre os compradores apenas hai persoas máis novas de 35 anos, para os que non é accesible adquirir un inmoble e teñen que seguir vivindo de alugueiro.

Fonte.- La Voz de Galicia