Lugo xa conta co PXOM completo tras doce anos de suspensión: un 'día histórico' segundo a alcaldesa | Observatorio de Vivenda

Lugo xa conta co PXOM completo tras doce anos de suspensión: un 'día histórico' segundo a alcaldesa

Lugo xa conta co PXOM completo tras doce anos de suspensión: un 'día histórico' segundo a alcaldesa

A cidade de Lugo conta, desde o sabádo 11, co plan xeral de urbanismo novo ao completo que, tras a publicación o venres no Boletín Oficial da Provincia do 5 % do plan que quedara en suspenso hai doce anos.

Da entrada en vigor do PXOM informou o goberno da cidade, que falou de 'día histórico' polo que supoñía dispoñer ao fin dun plan xeral completo tras os atrasos administrativos lembrados pola alcaldesa Lara Méndez. O 5 % aprobado final supón unha ampliación de 915.000 metros cadrados de chan urbanizable delimitado que quedan establecidos en zona rural e os 985.000 metros cadrados de chan urbanizable delimitado periurbano, poderanse construír 7.750 vivendas, das cales o 35 % serán de iniciativa pública.

A aprobación deste plan demorouse doce anos, tempo que levou facer os cambios que pedían a Xunta e a Confederación Hidrográfica para protexer chans rústicos ou con protección de augas, entre outros. A maioría das reducións que se fixeron foron motivadas por afeccións a leitos fluviais e a chans forestais e agrícolas ou que eran chans desvinculados da trama urbana.

Fonte.- El Progreso