Madrid concentra o 53% dos pisos máis caros de España e Barcelona, o 34,5% | Observatorio de Vivenda

Madrid concentra o 53% dos pisos máis caros de España e Barcelona, o 34,5%

Madrid concentra o 53% dos pisos máis caros de España e Barcelona, o 34,5%

O axuste do prezo da vivenda, que comezou antes da crise do Covid, impacta tamén nas vivendas máis exclusivas. Así se desprende dos datos recollidos por precioviviendas.com, que apunta que en xaneiro había en España 57.136 pisos de máis dun millón de euros, un 2% menos dos 58.408 que contabilizaron en xaneiro do 2019 como consecuencia da desaceleración nos prezos.

Porén, os lugares nos que se atopan estos pisos millonarios non varían, e como fai un ano, a gran maioría deles concéntranse en Madrid, que acapara o 53% destas vivendas con 30.455 unidades. Síguelle Barcelona, que conta con 18.764 pisos valorados en máis dun millón de euros.

Moi por detrás de Madrid e Barcelona, atópanse Palma de Mallorca, con 1.966 viviendas de máis dun millón de euros, Marbella, con 1.953 unidades e Valencia, que conta con 1.026 pisos. O resto de municipios están por debaixo das 1.000 vivendas.

Fonte | El Economista