Madrid, entre as cidades do mundo onde máis caiu o prezo da vivenda de luxo na pandemia | Observatorio de Vivenda

Madrid, entre as cidades do mundo onde máis caiu o prezo da vivenda de luxo na pandemia

Madrid, entre as cidades do mundo onde máis caiu o prezo da vivenda de luxo na pandemia

Madrid é unha das cidades que peor se comportou respecto á evolución do prezo da vivenda de luxo, segundo o último informe elaborado por Knight Frank que analiza este mercado nas 45 cidades máis importantes do mundo, xa que rexistrou ata xuño unha baixada interanual do 0,9%, mentres que nos últimos tres meses apuntouse un descenso do 1,5%.   

Así, en dito período, os prezos sufriron unha contracción media do 0,6%, destacando que das 20 cidades que viron caer os prezos durante o segundo trimestre, nove se atopan en Europa (Estocolmo, Zurich, Berlín e Londres sufriron neste trimestre unha baixada superior ao 3%) e sete en Asia. Polo contrario, cidades das zonas de Australia e América do Norte foron as máis resistentes no segundo trimestre do 2020.

No top ten do listado de crecemento interanual que reflex o Prime Global Cities Index – encabezado por Manila cun 14,4%, e Tokio (8,6%)- sitúanse cidades europeas como Estocolmo (en terceiro lugar cun aumento interanual do 4,4%), Xinebra (4,1%) e París (3,6%). Polo contrario, 15 cidades sufriron un descenso interanual nos prezos, destacando, entre elas, Berlín (-0,5%), Nova York (-1,3%), Londres (-5%), Hong Kong (-4,4%) ou Pekín (-2,3%) sendo Bangkok, cun -5,8% a máis afectada.

Como avanzan os expertos de Knight Frank, as previsións apuntan a que no noso país, o índice seguirá baixando de forma moderada durante a segunda metade de 2020. Non será ata 2021 cando se inicie a recuperación. 

Fonte| Idealista