Madrid estuda axudar a xóvenes sen aforros pero con renda suficiente para comprar un piso | Observatorio de Vivenda

Madrid estuda axudar a xóvenes sen aforros pero con renda suficiente para comprar un piso

Madrid estuda axudar a xóvenes sen aforros pero con renda suficiente para comprar un piso

O Concello da capital sopesa a posibilidade de instaurar un programa que axilizaría a entrada dos xóvenes ao mercado da compravenda de vivenda. O Help to buy (axuda para comprar) é unha colaboración público-privada para facilitar a concesión de hipotecas a persoas sen aforros, pero cunha renda suficiente como para facer fronte á cota mensual. A idea é que o futuro hipotecado desembolse ao inicio só o 5% do valor total do inmoble, en vez do 20% que solicitan na actualidade os bancos, mentres que o outro 15% sería un préstamo concedido polo Concello ou polo Goberno. O Consistorio madrileño estuda a posibilidade de que sea o ICO quen avale esa porcentaxe.

Dito programa, que se iniciou en Reino Unido e que logo o propio Concello de Londres encargóuse de ampliar, permitiría axilizar o mercado de compravenda, xa que posibilita dividir o prezo total da vivenda para que o futuro hipotecado só teña que realizar un desembolso inicial do 5% do inmoble. 

Fonte | Idealista