Madrid prepara 150 vivendas para persoas sen fogar | Observatorio de Vivenda

Madrid prepara 150 vivendas para persoas sen fogar

Madrid prepara 150 vivendas para persoas sen fogar

O concello de Madrid anunciou estar preparando un plan de inserción social para crear 150 vivendas compartidas, que permitan aloxar a 250 persoas sen fogar. Trátase dunha nova estratexia para integrar de novo na sociedade a aquelas persoas que, por diversos motivos, se atopen sen teito onde residir. Mentres que este plan activarase en 2020, ata entón aprobouse un investimento de 12 millóns de euros para a xestión de centros para persoas sen fogar, tratando de facer unha transición entre estratexias.

Fonte.- ABC