Madrid presenta a campaña 'Creando vivienda pública: si vendes tu casa, llámanos' | Observatorio de Vivenda

Madrid presenta a campaña 'Creando vivienda pública: si vendes tu casa, llámanos'

Madrid presenta a campaña 'Creando vivienda pública: si vendes tu casa, llámanos'

O Concello de Madrid presentou unha nova campaña para divulgar o seu plan de comprar pisos a particulares. A campaña, que ten o nome de 'Creando vivienda pública: si vendes tu casa, llámanos', invita aos cidadáns a poñerse en contacto coa empresa de vivenda municipal para analizar a operación e ver se é posible pechar a compravenda se o inmoble cumpre cas características. 

Entre os requisitos destaca que o inmoble debe ser un piso, que debe estar baleiro e en boas condicións se é de segunda man, e que debe contar polo menos con 45 m2 útiles se é unha vivenda de dous dormitorios. No caso de que teña tres domitorios, a superficie mínima elévase a 65 m2 e se dispón de máis, debe contar polo menos con 75 m2. 

O Concello asegura que está buscando pisos por toda a cidade, co fin de reequilibrar a oferta residencial en tódolos distritos. 

 

Fonte | idealista