Madrid presenta un asistente virtual de licenzas urbanísticas | Observatorio de Vivenda

Madrid presenta un asistente virtual de licenzas urbanísticas

Madrid presenta un asistente virtual de licenzas urbanísticas

O Concello de Madrid presentou o pasado mércores 8 de xullo un asistente virtual de licenzas urbanísticas. Trátase dunha ferramenta que pretende axudar e informar aos cidadáns na tramitación desta burocracia que nalgúns casos demórase máis dun ano polo propio atasco que sofre a Administración Local. 

A ferramenta conta con tres aspectos principais: axuda directa aos veciños da cidade de Madrid porque os trámites van dos máis complexos aos más sinxelos, habilitar un asistente para os profesionais que demandaban fundamentalmente información e optimizar o traballo dos técnicos do Concello de Madrid. 

O asistente virtual xa está dispoñible a través da páxina web do consistorio madrileño. Calquer cidadá poderá ter acceso a esta ferramenta e consultar qué pasos e trámites debe de cumplir dende a realización dunha simple obra nunha das dependencias da súa vivenda, pasando polo cambio de titularidade dun local comercial, ata a construción dun edificio. 

Unha das posibilidades que ofrece esta ferramenta é a transmición de licenzas online. A posibilidade de realizar esta tarea de forma telemática traducirase nun aforro de tempo para o solicitante e unha descarga de traballo para os funcionarios do consistorio, polo que se verán reducidos os prazos de concesións de licenzas. 

 

Fonte | idealista