Máis da metade da compravenda de vivenda na provincia de Ourense dáse na zona urbana | Observatorio de Vivenda

Máis da metade da compravenda de vivenda na provincia de Ourense dáse na zona urbana

Máis da metade da compravenda de vivenda na provincia de Ourense dáse na zona urbana

Os datos do Colexio de Rexistradores indican que na provincia de Ourense o rural segue perdendo peso con respecto as zonas urbanas en canto ao mercado inmobiliario. As zonas urbanas da provincia, que engloban á cidade de Ourense e os seus arredores (Barbadás, Coles, Pereiro de Aguiar e San Cibrao) concentraron o 56,5% das 494 compravendas de vivendas na provincia durante o segundo trimestre do ano.

Segundo os datos dos rexistradores, Ourense segue a ser a provincia galega máis barata para mercar vivenda, con 971 €/m2 por metro cadrado, encarecéndose un 4,1 % no segundo trimestre.

Fonte.- La Región