Máis de 1.000 arrendadores sancionados en oito anos por non depositar a fianza na Xunta | Observatorio de Vivenda

Máis de 1.000 arrendadores sancionados en oito anos por non depositar a fianza na Xunta

Máis de 1.000 arrendadores sancionados en oito anos por non depositar a fianza na Xunta

Nos últimos oito anos, 1.018 propietarios de vivendas en alugueiro foron sancionados por non depositar a fianza na Xunta, trámite de obrigado cumprimento e incorporado en 2012 á Lei de Vivenda de Galicia. En total, as sancións, que oscilan entre 300 e 3.000 euros, sumaron 557.915 euros. O depósito da fianza na Xunta, concretamente no Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), supón unha garantía tanto para o arrendador coma arrendatario da súa boa custodia e xestión.

Fonte.- Faro de Vigo