Máis de 350 galegos solicitaron xa as axudas para emendar impactos paisaxísticos cuxo prazo remata o vindeiro 31 de maio | Observatorio de Vivenda

Máis de 350 galegos solicitaron xa as axudas para emendar impactos paisaxísticos cuxo prazo remata o vindeiro 31 de maio

Máis de 350 galegos solicitaron xa as axudas para emendar impactos paisaxísticos cuxo prazo remata o vindeiro 31 de maio

Máis de 350 galegos solicitaron xa as axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos, convocadas este ano por primeira vez pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

O prazo para pedir unha destas subvencións aínda está aberto ata o vindeiro 31 de maio, polo que todos os interesados en acollerse a estes incentivos poden presentar aínda unha proposta durante os próximos días, para así levar a cabo pequenas intervencións nas vivendas e inmobles da súa propiedade, co obxectivo de mellorar visualmente a edificación e evitar un punto de impacto na contorna na que se asentan.

A Xunta invita aos galegos a acollerse a esta liña de axudas, tendo en conta que os posibles beneficiarios deben cumprir uns requisitos moi básicos e abordar unha tramitaciónfácil e sinxela, pois só deberán presentar unha pequena memoria explicativa da actuación, unha reportaxe fotográfica, a factura da actuación realizada e a xustificación do pago.

As actuacións obxecto desta subvención son a mellora da fachada ou da medianeira dun edificio, así como do tellado; o acondicionamento e mellora de peches de fincas de gran dimensión, mediante a substitución de muros opacos por cachotería tradicional ou sebes vexetais; ou o revestimento de muros de cerramento realizados con bloques de formigón.

Fonte | Xunta de Galicia