Máis do 70% das medidas do Pacto social pola vivenda están xa en execución seis meses despois da súa sinatura | Observatorio de Vivenda

Máis do 70% das medidas do Pacto social pola vivenda están xa en execución seis meses despois da súa sinatura

Máis do 70% das medidas do Pacto social pola vivenda están xa en execución seis meses despois da súa sinatura

O 71% das medidas incluídas no Pacto social pola vivenda 2021-2025 están xa en execución seis meses despois da súa sinatura, a finais do pasado mes de xaneiro, e outro 22% atópanse en preparación, polo que se prevé que tamén se fagan efectivas ao longo deste ano.

Este paquete de actuacións está composto por medio cento de medidas e impulsado polo Goberno galego co fin de mobilizar nos próximos anos case 1.100 millóns de euros, entre fondos públicos e privados, para chegar a beneficiar a máis de 70.000 familias galegas.

Precisamente, unha das últimas medidas de apoio á cidadanía e ao sector impulsadas no marco do Pacto social pola vivenda 2021-2025 foi a convocatoria o pasado 23 de xullo das axudas para a adquisición de vivendas protexidas, que se poderán solicitar aínda ata o 30 de setembro.

Cunha dotación orzamentaria de 450.000 euros, a orde ten como obxectivo apoiar a persoas que adquiran unha vivenda de protección autonómica de réxime xeral ou especial, tanto de nova construción como rehabilitada. Os beneficiarios poderán acceder deste xeito a unha subvención equivalente ao 20% do custo do inmoble, cun límite máximo de 20.000 euros por vivenda.

 

 

Fonte | Xunta de Galicia