Máis dunha centena de licenzas urbanísticas serán desbloqueadas na cidade olívica no mes de outubro | Observatorio de Vivenda

Máis dunha centena de licenzas urbanísticas serán desbloqueadas na cidade olívica no mes de outubro

Máis dunha centena de licenzas urbanísticas serán desbloqueadas na cidade olívica no mes de outubro

A medidados do mes de outubro desbloquearanse máis dun centenar de licenzas vinculadas ao Instrumento de Ordenación Provisional (IOP) que estaban paralizadas na Xerencia de Urbanismo de Vigo desde decembro de 2022. Concretamente será o día 16 cando se cumpren os dous anos da publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo do pleno do Concello de aprobación inicial do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). 

O desbloqueo será posible se o IOP segue vixente, cousa que asegurou o alcalde de Vigo,  Abel Caballero, tras a súa comunicación de que o Concello ampliará a vixencia tres meses ao amparo do artigo 23.1 da Lei do Procedemento Administrativo Común dás Administracións Públicas.

Isto permitirá que os grandes promotores poidan levar a cabo a súa actividade e que os veciños das parroquias teñan a posibilidade de construír as súas vivendas ou as dos seus familiares para facer o seu plan de vida futuro.

Fonte.- Faro de Vigo