Mallorca conta coa rúa coas vivendas máis caras de España | Observatorio de Vivenda

Mallorca conta coa rúa coas vivendas máis caras de España

Mallorca conta coa rúa coas vivendas máis caras de España

As dez rúas máis caras de España para comprar unha vivenda destacan en Madrid, Mallorca ou na Costa do Sol, segundo un estudio do portal inmobiliario Idealista. O primeiro posto osténtao a rúa Sant Carles do municipio de Calvià en Mallorca, onde os propietarios piden unha media de 7.043.750 euros polos seus inmobles.

O segundo posto das rúas máis caras de España é para a Urbanización Coto Zagaleta, na localidade malagueña de Benahavís, cun prezo medio de 7.042.462 euros, un prezo superior ao da súa veciña a rúa Mozart, en Marbella, que ocupa o terceiro lugar na clasificación con 5.932.489 euros.

No lado oposto a rexión máis económica é Castilla-La Mancha, onde a súa rúa máis cara ten un prezo medio de 318.528 euros, seguida por Extremadura que conta cun prezo medio de 353.168 euros.

 

 

Fonte | El Economista