María Martínez Allegue, nova Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestructuras | Observatorio de Vivenda

María Martínez Allegue, nova Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestructuras

María Martínez Allegue, nova Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestructuras

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda Valenzuela, asinou o pasado domingo, durante a sesión de investidura, o decreto de nomeamento dos membros do Executivo. A xefa territorial de Infraestruturas e Movilidad en Pontevedra, María Martínez Allegue, incorpórase ao Goberno autonómico como conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, unha carteira que se separa de Medio Ambiente e que á súa vez se agrupa coa relativa a obras públicas. Tras a saída de Ethel Vázquez de Infraestruturas e Movilidad para ocupar a Secretaría da Mesa do Parlamento, Rueda decidiu dar peso a Vivenda e reunir nunha mesma consellería esta competencia xunto a Planificación de Infraestruturas.

Pontevedresa de 46 anos, é licenciada en Dereito e funcionaria de carreira de administracion local con habilitación de carácter nacional, na subescala de secretaria-intervención. Exerceu como secretaria-interventora no Concello de Lousame, secretaria nos Concellos de Tui e Mos e tesoureira no Concello de Marín. Entre 2010 e 2015 foi directora xeral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), entre 2015 e 2023 xefa de área provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) en Pontevedra e entre 2023 e 2024 xefa territorial de Infraestruturas e Mobilidade en Pontevedra. Desde as últimas eleccións autonómicas, é deputada no Parlamento de Galicia pola provincia de Pontevedra.

Fonte.- Faro de Vigo