Medio Ambiente adxudica dúas parcelas do polígono residencial de Valdecorvos nas que se construirán 33 novas vivendas neste barrio de Pontevedra | Observatorio de Vivenda

Medio Ambiente adxudica dúas parcelas do polígono residencial de Valdecorvos nas que se construirán 33 novas vivendas neste barrio de Pontevedra

Medio Ambiente adxudica dúas parcelas do polígono residencial de Valdecorvos nas que se construirán 33 novas vivendas neste barrio de Pontevedra

O Instituto galego de Vivenda e Solo vén de adxudicar dúas novas parcelas no polígono residencial de Valdecorvos en Pontevedra por un importe de 1,3 millóns de euros, nas que se construirán 33 novas vivendas de protección autonómica.

As 33 novas vivendas que se construirán están destinadas a familias mozas que desexen asentarse nesta zona de Pontevedra, un dos barrios máis dinámicos e de recente creación da cidade e nos que se construirán vivendas innovadoras, ecolóxicas e de reducido consumo enerxético.

Ambas parcelas parcelas forman parte do concurso público lanzado pola Xunta en decembro de 2019 polo que se puxeron 45.000 metros cadrados de solo residencial urbanizado a disposición dos promotores e cooperativas interesados en promover vivendas protexidas nas cidades da Coruña, Ferrol, Lugo e Pontevedra, concretamente 5.500 m2.

Coas futuras vivendas destas dúas parcelas dáse un novo paso no desenvolvemento social desta zona de Pontevedra, pois as 33 vivendas previstas sumaranse ás máis de 180 que actualmente xa están habitadas e a outra decena que se atopan en construción; ao tempo que se facilita o acceso a un fogar aos veciños de Pontevedra, un xeito de axudalos a independizarse.

Fonte | Xunta de Galicia