Medio Ambiente concede axudas por importe de máis de 1,5 millóns de euros para rehabilitar 42 vivendas de titularidade municipal en 20 concellos | Observatorio de Vivenda

Medio Ambiente concede axudas por importe de máis de 1,5 millóns de euros para rehabilitar 42 vivendas de titularidade municipal en 20 concellos

Medio Ambiente concede axudas por importe de máis de 1,5 millóns de euros para rehabilitar 42 vivendas de titularidade municipal en 20 concellos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de confirmar a concesión de axudas por un importe de máis de 1,5 millóns de euros coas que se rehabilitarán 42 vivendas de titularidade municipal en 20 concellos galegos.

O Instituto Galego de Vivenda e Solo está a avanzar na resolución das axudas, convocadas por esta entidades en marzo, presentadas polos concellos galegos, para mellorar o parque inmobiliario da súa propiedade e poder destinalo a alugueiro social. Grazas a estes 20 proxectos disporanse de máis de 40 novos fogares para facilitar o acceso a unha vivenda en alugueiro a senllas familias.

Os inmobles cos que se disporán de 42 vivendas, tras a rehabilitación, están ubicados nos concellos da provincia da Coruña de Santiso (1), Curtis (2) e na Baña (2); na provincia de Lugo, Alfoz (1), Sarria (5), A Fonsagrada (2) e Paradela 2); nos concellos ourensáns de A Veiga (8), Cartelle (1), Riós (2), Trives (1), Taboadela (3), Os Blancos (2), Ramirás (1) Lobios (2), Porqueira (1), Cortegada (1), A Merca (2); e –por último- en Dozón (1) e A Lama (2), na provincia de Pontevedra.

A Consellería de Medio Ambiente salienta que este tipo de axudas teñen un dobre beneficio, como é o de facilitar unha vivenda digna ás persoas que o necesitan e recuperar unha zona degradada, dotala de vida e enchela de xente que se quede a vivir neste concellos máis pequenos.

Fonte | Xunta de Galicia