Medio Ambiente destinará este ano case 3 millóns de euros a axudas para a promoción do parque de vivendas en alugueiro | Observatorio de Vivenda

Medio Ambiente destinará este ano case 3 millóns de euros a axudas para a promoción do parque de vivendas en alugueiro

Medio Ambiente destinará este ano case 3 millóns de euros a axudas para a promoción do parque de vivendas en alugueiro

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda sacará este ano unha nova convocatoria de axudas para a promoción do parque de vivendas en aluguer dirixidas a promotores, concellos e cooperativas e cunha dotación estimada en 2,8 millóns de euros. 

Así, o Pacto Social pola Vivenda convértese no primeiro plan de vivenda elaborado co consenso de todo o sector, ademais de contar co apoio dos consumidores e dos concellos, polo que a través desta folla de ruta en materia residencial, a Xunta aspira a mobilizar máis de 1.080 millóns de euros entre fondos públicos e privados nos próximos cinco anos, o que contribuirá á reactivación económica e á xeración ou mantemento duns 30.000 postos de traballo.

Ademais, o Pacto inclúe preto de medio cento de medidas, iniciativas e axudas organizadas arredor de catro liñas estratéxicas (facilitar o acceso á vivenda en propiedade, fomento da rehabilitación, mobilización de solo residencial e apoio ao alugueiro) coas que se aspira a chegar a máis de 70.000 familias galegas.

Desta forma, para o ano 2021, a Xunta destinará máis de 72 millóns na implementación de medidas para facilitar o acceso á vivenda (28 M€), actuacións de rehabilitación e renovación urbanas (36 M€) e tamén en solo residencial (8,3 M€), tanto en actuacións directas como en axudas a particulares, concellos e promotores de vivenda.

Fonte | Xunta de Galicia