Medio Ambiente e Concello traballarán da man para declarar a área Rexurbe de Ferrol Vello que permita avanzar na completa rexeneración deste ámbito | Observatorio de Vivenda

Medio Ambiente e Concello traballarán da man para declarar a área Rexurbe de Ferrol Vello que permita avanzar na completa rexeneración deste ámbito

Medio Ambiente e Concello traballarán da man para declarar a área Rexurbe de Ferrol Vello que permita avanzar na completa rexeneración deste ámbito

Representantes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de Ferrol acordaron traballar de xeito conxunto para acadar da declaración de Área Rexurbe de Ferrol Vello, a primeira Área Rexurbe da cidade e a cuarta na Comunidade. 

Desta forma, o Concello contará co apoio técnico do Instituto Galego de Vivenda e Solo para sentarse a coordinar os traballos e a tramitación desta iniciativa; tal e como fixo coas Áreas Rexurbe xa declaradas, a de Mondoñedo, Ribadavia e A Coruña. Nese sentido, coincidiron na necesidade de que os departamentos técnicos de cada administración celebren un primeiro encontro técnico nas vindeiras semanas.

Así, o concello avanza un paso máis na completa rexeneración, recuperación e mellora do ámbito e a contorna de Ferrol Vello, que tamén implica apostar pola dinamización económica e social.

Unha vez realizada a declaración da nova área Rexurbe, o seguinte paso será a redacción dun plan de dinamización, no que se indiquen as medidas a adoptar e as actuacións que se deben levar a cabo, o custe estimado das mesmas e as fontes de financiamento, público e privado, para levalas a cabo; posto que as actuacións nunha área Rexurbe son transversais e afectan a competencias de diversos departamentos. 

Fonte | Xunta de Galicia