Medio Ambiente e o Concello de Marín avanzan nas liñas de colaboración para a futura construción do novo auditorio municipal | Observatorio de Vivenda

Medio Ambiente e o Concello de Marín avanzan nas liñas de colaboración para a futura construción do novo auditorio municipal

Medio Ambiente e o Concello de Marín avanzan nas liñas de colaboración para a futura construción do novo auditorio municipal

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, mantivo unha reunión de traballo coa alcaldesa de Marín, María Ramallo, de cara a retomar as liñas de colaboración do departamento autonómico coa administración local para impulsar a construción do novo auditorio municipal.

A construción de novos equipamentos nos concellos é un dos obxectivos do Plan hUrbe, polo que, unha vez que se conte co proxecto definitivo, Xunta e Concello impulsarán un convenio de colaboración económica co que garantir a materialización desta infraestrutura cultural.

Ambas responsables coincidiron en sinalar que unha colaboración destas características facilita poder ofrecer a nivel municipal un mellor e máis amplo abano de servizos públicos para a veciñanza e que contribúe a revitalizar o tecido sociocultural de Marín. Ademais, a construción do Auditorio enmárcase nunha rehumanización global da zona, redundando nunha mellora deste espazo urbano de uso público.

Fonte | Xunta de Galicia