Medio Ambiente fallará no mes de decembro os galardóns da terceira edición dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación | Observatorio de Vivenda

Medio Ambiente fallará no mes de decembro os galardóns da terceira edición dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación

Medio Ambiente fallará no mes de decembro os galardóns da terceira edición dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda avanzou esta mañá que o fallo da terceira edición dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación en decembro. Así o concluíron os membros do xurado que esta mañá celebraron a primeira reunión na que coñeceron as candidaturas presentadas. En total, presentáronse 67 candidaturas de actuacións realizadas nas catro provincias galegas e dous deses proxectos optan a dúas categorías diferentes.

Entre as actuacións presentadas salientan grandes proxectos que destacan pola súa innovación e funcionalidade, inmobles destinados a usos educativos que combinan o deseño e o servizo e a construción e rehabilitación de vivendas unifamiliares en distintos puntos de Galicia, que destacan polo seu moderno deseño e integración na contorna.

Os premios recollen catro categorías de galardóns, polo que das iniciativas presentadas 23 correspóndense co Premio de Arquitectura, 35 optan ao Galardón á rehabilitación e un terceiro, o Premio Especial á Sustentabilidade, co que se quere destacar a implementación dunha arquitectura responsable e comprometida co medio ambiente.

O premio á traxectoria profesional dun arquitecto galego, coa que recoñecer a especial contribución á arquitectura no territorio galego, pecha a lista de categorías dos premios, dotada cada unha dun premio metálico de 6.000 euros.

Fonte | Xunta de Galicia