Medio Ambiente inicia o proceso de adxudicación de oito vivendas de promoción pública no casco histórico de Betanzos | Observatorio de Vivenda

Medio Ambiente inicia o proceso de adxudicación de oito vivendas de promoción pública no casco histórico de Betanzos

Medio Ambiente inicia o proceso de adxudicación de oito vivendas de promoción pública no casco histórico de Betanzos

A Xunta de Galicia vén de iniciar o procedemento para a adxudicación dun total de oito vivendas de promoción pública (VPP) no Casco Histórico do Concello de Betanzos, nas que se investiron de preto de 1,4 millóns de euros para as obras de rehabilitación, executadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

As vivendas sortearanse entre os inscritos do Rexistro de Demandantes de Vivenda e as persoas interesadas a optar ás mesmas deberán cumprir o seguinte requisito: dispor duns ingresos, por unidade familiar, que se atopen entre 1 e 3,5 veces o IPREM. As vivendas serán adxudicadas en réxime de alugueiro, sen que sexa posible o cambio de réxime.

A rehabilitación dos cinco inmobles nos que se localizan as vivendas que se adxudicarán non son a única actuación que executa a Xunta en Betanzos, xa que xustamente este verán, adxudicou os contratos de redacción dos proxectos de rehabilitación de seis edificios emprazados no conxunto histórico do Concello de Betanzos.

Fonte | Xunta de Galicia