Medio Ambiente licita por 96.000 euros as obras de humanización de espazos públicos no núcleo rural de Armea, en Coirós | Observatorio de Vivenda

Medio Ambiente licita por 96.000 euros as obras de humanización de espazos públicos no núcleo rural de Armea, en Coirós

Medio Ambiente licita por 96.000 euros as obras de humanización de espazos públicos no núcleo rural de Armea, en Coirós

A Consellería de Medio, Territorio e Vivenda acaba de licitar por un importe base de 96.656,40 euros o contrato para executar o proxecto de humanización de espazos públicos no núcleo rural histórico-tradicional e común de Armea, no concello coruñés de Coirós, a actuación, enmarcada no chamado Plan Hurbe para apoiar ás entidades locais na execución de actuacións que contribúan a crear, mellorar ou humanizar espazos de uso público. Dita inicitiva está cofinanciada pola Xunta e polo propio Concello, que asumen o 70% e o 30% do custo, respectivamente, en virtude dun convenio de colaboración asinado este verán

O obxectivo do contrato en licitación é poñer en valor o lugar de Armea, un núcleo rural histórico-tradicional e común que se caracteriza pola súa singularidade, co fin de potenciar estes lugares, entendidos como auténticos elementos singulares que merecen ser conservados e mantidos ao longo do tempo.

Concretamente, as obras previstas no proxecto prevén a humanización e mellora urbana dos viarios e espazos públicos desta zona, incluíndo unha completa intervención en materia de seguridade viaria para aumentar as zonas destinadas aos viandantes, a accesibilidade para peóns e a eliminación de barreiras arquitectónicas. Tamén se acometerán melloras que redunden nun mellor uso destes espazos públicos por parte dos veciños.

Fonte | Xunta de Galicia