Medio Ambiente propón ao concello de A Gudiña acudir ao fondo de cooperación para rehabilitar vivendas no municipio | Observatorio de Vivenda

Medio Ambiente propón ao concello de A Gudiña acudir ao fondo de cooperación para rehabilitar vivendas no municipio

Medio Ambiente propón ao concello de A Gudiña acudir ao fondo de cooperación para rehabilitar vivendas no municipio

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recordou ao concello de A Gudiña que a administración local pode acollerse ao Programa de Cooperación cos concellos para levar a cabo actuacións de rehabilitación de inmobles e edificios, cos que obter vivenda pública ao servizo dos veciños.

O Fondo de cooperación é un instrumento para apoiar aos municipios de menos de 50.000 habitantes, a partir do cal se lle facilita ás entidades locais o financiamento necesario para acometer proxectos mediante a concesión de préstamos sen xuros, de forma que esta opción permite ao Concello programar e adaptar o orzamento necesario para executar estas actuacións á demanda de vivenda real e ás necesidades do concello.

Asemade, o concello tamén tería a súa disposición o asesoramento técnico do Instituto Galego de Vivenda e Solo para acadar unha axuda ao abeiro deste programa e incluso podería acceder ao programa de vivendas de titularidade municipal, un plan co que xa se teñen rehabilitado 125 vivendas en Galicia.

Fonte | Xunta de Galicia