Medio Ambiente reforma o programa de vivendas baleiras para dinamizar o alugueiro nos concellos cunha maior demanda | Observatorio de Vivenda

Medio Ambiente reforma o programa de vivendas baleiras para dinamizar o alugueiro nos concellos cunha maior demanda

Medio Ambiente reforma o programa de vivendas baleiras para dinamizar o alugueiro nos concellos cunha maior demanda

 A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reformará o programa de Vivendas Baleiras para facilitar o acceso a unha vivenda en alugueiro, sobre todo naqueles concellos nos que se rexistra unha maior demanda, como é o caso das cidades. 

Así, o Instituto Galego da Vivenda e Solo xestionará directamente este programa de alugueiro social para o que é necesario mobilizar o parque (de vivendas baleiras) existente en Galicia, pero dando as máximas das garantías aos propietarios, para o que resulta necesaria a colaboración e participación dos concellos, sobre todo das grandes cidades, para coñecer as necesidades e demandas dos veciños, así como achegar os beneficios deste programa aos propietarios de inmobles baleiros.

Grazas a este programa, que xestionará o Goberno galego, fomentarase o arrendamento con axudas de ata 8.000 euros para os propietarios que se sumen ao mesmo; aos que tamén se lles blinda seguridade xurídica, a través de diferentes coberturas, axudas para arranxos ou prioridade no acceso aos préstamos para rehabilitación sen xuros; ao mesmo tempo que se dan garantías aos arrendatarios ao establecer rendas limitadas e axudas a inquilinos con maiores dificultades económicas.

Fonte | IGVS