Medio Ambiente solicita ao concello unha maior implicación nas xestións para adquirir novos inmobles no casco vello de Vigo | Observatorio de Vivenda

Medio Ambiente solicita ao concello unha maior implicación nas xestións para adquirir novos inmobles no casco vello de Vigo

Medio Ambiente solicita ao concello unha maior implicación nas xestións para adquirir novos inmobles no casco vello de Vigo

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda solicitou ao Concello de Vigo unha maior implicación nas xestións necesarias para adquirir novos inmobles para rehabilitar no Casco Vello coa fin de que a zona cobre valor e vida.

Nese sentido, explicou que o Concello debe poñer interese e vontade e facilitarlle ao Consorcio a adquisición de varios inmobles, pois hai varios nos que se ten interese e non se poden adquirir, o que impide a rehabilitación desexada; polo que é preciso que o Concello proceda a expropiar os inmobles e continuar coa recuperación.

Destacou o valioso traballo de recuperación edificatoria e patrimonial que está a realizar o Consorcio do Casco Vello, onde a participación da Xunta é do 90% e a do Concello de Vigo do 10%, polo que os investimentos realizados permiten facilitar o acceso a unha vivenda ás familias e recuperar a vida dos centros históricos e de zonas degradadas das cidades.

Na actualidade, no Casco Vello estanse a realizar obras de rehabilitación de 15 vivendas e 3 locais, por un importe de 2,82 millóns de euros, na zona alta do Casco Vello e na zona do Berbés.
 

Fonte | IGVS