Melloran os resultados do mercado inmobiliario galego segundo AGALIN | Observatorio de Vivenda

Melloran os resultados do mercado inmobiliario galego segundo AGALIN

Melloran os resultados do mercado inmobiliario galego segundo AGALIN

Santiago e Sanxenxo ven como aumentan levemente o número de domicilios en alugueiro. O mercado inmobiliario galego mellorou os resultados respecto do primeiro trimestre do ano segundo o último barómetro inmobiliario de Galicia elaborado por AGALIN debido, principalmente, ao traspase de moitos pisos turísticos ao mercado do alugueiro de longa duración.

O prezo medio de compra sitúase entre os 100.000 e os 150.000 euros e para os alugueiros o prezo medio autonómico está entre os 400 e os 600 euros.

Espérase que o incremento de vivendas en réxime de alugueiro de longa duración siga o seu curso na capital galega.

 

Fonte | La Voz de Galicia