Milán é a cidade do sur de Europa que mais esforzo esixe para pagar o alugueiro | Observatorio de Vivenda

Milán é a cidade do sur de Europa que mais esforzo esixe para pagar o alugueiro

Milán é a cidade do sur de Europa que mais esforzo esixe para pagar o alugueiro

Milán é a cidade do sur de Europa que esixe un maior esforzo para alugar unha vivenda: no gran polo económico italiano as familias deben destinar un 42,6% dos seus ingresos ao arrendamento, segundo un estudo de Idealista, cando a recomendación xeneralizada dos expertos pasa por non destinar máis dun terzo dos ingresos ao pago da renda. Entre as 10 primeiras aparecen cinco cidades italianas, tres portuguesas, entre elas Setúbal (40,6%) e Lisboa (38,5%), e só dúas españolas: Santa Cruz de Tenerife (38,8%) e Madrid (36,3%).

Así, en España, a cidade de Santa Cruz de Tenerife (38,8%) é o mercado nacional onde maior salario teñen que dedicar as familias ao pago do aluguer., seguida por Almería, cun 37,3%, Las Palmas de Gran Canaria e Madrid (36,3%).

Pero se o comparamos co resto dos países do sur de Europa, a situación é moito máis complicada para as familias dalgunhas cidades de Italia e Portugal, sobre todo en Milán (42,6%) e Setúbal (40,6%), xa que estas dúas zonas superan con alarma o peso que teñen o arrendamento da vivenda sobre a renda neta dos fogares.

Fonte | Idealista