A ministra de Vivenda reunirase coas CCAA e concellos para apoiar a intervención do mercado de alugueiro turístico | Observatorio de Vivenda

A ministra de Vivenda reunirase coas CCAA e concellos para apoiar a intervención do mercado de alugueiro turístico

A ministra de Vivenda reunirase coas CCAA e concellos para apoiar a intervención do mercado de alugueiro turístico

Isabel Rodríguez, a ministra de Vivenda e Axenda Urbana, asegurou recentemente que as novas formas de alugueiro turístico de vivenda "requiren dunha atención preferente" e anunciou ao respecto que a próxima semana reunirase coas comunidades autónomas para "apoialas nesta necesaria intervención do mercado para regular distintos intereses".

A ministra manifestou ante os medios que dende o seu departamento estanse abordando "cuestións excepcionais", que se están a dar no mercado da vivenda, "como as que se producen en grandes cidades como Barcelona ou Madrid ou nas cidades máis atractivas dende o punto de vista turístico, como Málaga ou Valencia". Nestes lugares están xurdindo "novas formas de alugueiro turístico que ata agora se dedicaban a uso residencial, o que está provocando que se tensione o mercado, incrementando o custo do alugueiro e imposibilitando que a maioría da cidadanía cun salario completo poidan pagar unha renda en alugueiro". 

Así mesmo, indicou que tamén convocará aos concellos, para o que xa se dirixiu á presidenta da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), co fin de que todas as administracións móvanse na mesma dirección e sumen esforzos por un obxectivo en común. 

Fonte.- Idealista