A mocidade de entre 25 e 34 anos sen emancipar buscan pagar un alugueiro de menos de 300 euros | Observatorio de Vivenda

A mocidade de entre 25 e 34 anos sen emancipar buscan pagar un alugueiro de menos de 300 euros

A mocidade de entre 25 e 34 anos sen emancipar buscan pagar un alugueiro de menos de 300 euros

Unha enquisa realizada ao abeiro do estudo municipal de vivenda entre a mocidade (de 25 a 34 anos) que viven cos seus pais mostra que o 49% deles busca un piso no que pagar menos de 300 euros ao mes.

O propio estudo sinala que o contraste coa situación actual do mercado amosa o condicionado que está o acceso á vivenda, xa que se calcula que o coste medio do alugueiro é de 502,30 euros, debido ao forte incremento rexistrado nos últimos anos.

Para acceder á súa primeira vivenda, o 73,77% optaría polo alugueiro, un 16,39% mira ao alugueiro con opción de compra, un 6,56% estudiaría adquirir unha vivenda de protección oficial e un 3,28% se lanzaría a adquirir no mercado libre. O problema máis grande é o diñeiro porque o 31,25% está en paro, o 30,63% considera que non gaña o suficiente, e o 16,25% menciona específicamente o prezo da vivenda como obstáculo, ademais doutras circunstancias, como finalizar os estudos e formación (18,75%) e outros (3,13%).

Fonte | El Ideal Gallego