Modérase a subida do Euribor pero mantense por riba de 1% | Observatorio de Vivenda

Modérase a subida do Euribor pero mantense por riba de 1%

Modérase a subida do Euribor pero mantense por riba de 1%

O Euríbor, índice polo que se referencia a maioría de préstamos hipotecarios, segue aumentando este mes de agosto, aínda que de forma moderada, esperando que remate o mes por riba do 1%.

Este índice alcanzou o seu punto máis alto, 1,2%, durante o mes de xullo, baixando a principios de este mes ata 0,9%. Dende principios de mes encadenáronse subidas moderadas e constantes ata situarse no 1,118 e agardando unha media mensual do 1,068 con previsión de que chegue ao 2% ao final do ano, o que poderá encarecer notablemente os precios das hipotecas que se revisen segundo este índice, entre 830 e 1.100€ no ano segundo a data na cal se realice a revisión, de acordo ás estimacións da Asociación de Usuarios Financieros (Asufin).

Fonte.- Idealista