Mondoñedo convértese no primeiro concello de Galicia en completar a Área Rexurbe | Observatorio de Vivenda

Mondoñedo convértese no primeiro concello de Galicia en completar a Área Rexurbe

Mondoñedo convértese no primeiro concello de Galicia en completar a Área Rexurbe

Mondoñedo é o primeiro municipio galego en completar a Área Rexurbe e por este motivo recibiu as felicitacións da Xunta de Galicia.

Esta figura e os elementos que interveñen, está recollida na Lei de rehabilitación de Galicia e  Mondoñedo se converteu nun referente ao ser o primeiro concello en declarar unha Área Rexurbe no conxunto da Comunidade, posición que refrendou coa aprobación do Plan de dinamización e que agora pecha coa posta en marcha do Centro Rexurbe.

Así, prevese un investimento de 17 millóns de euros ata o ano 2024 para levar a cabo iniciativas de recuperación arquitectónica e urbanística, e de dinamización social, cultural, económica do ámbito de intervención.

Fonte | Xunta de Galicia