Nace en A Guarda a primeira cooperativa galega de casas para persoas con diversidade intelectual | Observatorio de Vivenda

Nace en A Guarda a primeira cooperativa galega de casas para persoas con diversidade intelectual

Nace en A Guarda a primeira cooperativa galega de casas para persoas con diversidade intelectual

A asociación San Xerome Emiliani de A Guarda pone en marcha o proxecto Fogares Sanxe, unha solución residencial innovadora dirixida ás persoas con diversidade intelectual da comarca do Baixo Miño.

Este programa permitirá rehabilitar o antigo colexio das Carmelitas, que foi cedido á asociación, e destinalo á construción de 30 fogares inclusivos, de forma que 60 persoas con diversidade intelectual da comarca poderán vivir de forma autónoma e, ao mesmo tempo, recibir apoio profesionalizado para poder facelo.

O modelo Coop-housing é pioneiro en Galicia e é o que mellor se adapta neste caso, xa que permite ás persoas con diversidade intelectual ser copropietarios dos seus propios fogares, de forma que poidan vivir neles sen alonxarse da súa contorna, mantendo a súa autonomía e participando na toma de decisións. Ademais, contarán cunha ampla carta de servizos complementarios, con atención personalizada e, así, os seus familiares recibirán apoio para a conciliación.

Fonte | La Voz de Galicia