Nace o Foro da Construción de Galicia | Observatorio de Vivenda

Nace o Foro da Construción de Galicia

Nace o Foro da Construción de Galicia

Os Colexios oficiais de Arquitectos e de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, o Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, a Federación de Promotores de Edificación y Suelo de Galicia (FEPROGA) e a Federación Galega da Construción (FGC) veñen de constituir o Foro da Construción de Galicia, entidade que nace coa intención de unir esforzos e intercambiar ideas e demandas para a mellora da industria da construción, así como para ser instrumento de consulta das Administracións en todo o relacionado coas peculiaridades do sector constructivo.

O Foro da Construción de Galicia nace nun momento excepcional que estamos a vivir como consecuencia da crise ocasionada pola COVID-19, aínda que ten vocación de permanencia. 

 

Fonte | COAG