Navarra é a única comunidade autónoma sen minipisos de alugueiro | Observatorio de Vivenda

Navarra é a única comunidade autónoma sen minipisos de alugueiro

Navarra é a única comunidade autónoma sen minipisos de alugueiro

Segundo o portal inmobiliario Idealista, o 1 por cento das vivendas anunciadas para alugueiro contan cunha superficie inferior aos 30 metros cadrados, o que fala da pouca presencia dos minipisos no país. Sen embargo, todas as comunidades autónomas presentan oferta deste tipo de vivendas menos unha, a comunidade de Navarra, onde non hai vivendas de menos de 30 metros cadrados ofertadas no seu parque. A maioría da vivenda en alugueiro en España atópase entre os 60 e 100 metros cadrados de superficie, un 47,4 por cento.

Fonte.- Navarra Capital