As Neves rehabilita seis vivendas ocupadas por persoas necesitadas | Observatorio de Vivenda

As Neves rehabilita seis vivendas ocupadas por persoas necesitadas

As Neves rehabilita seis vivendas ocupadas por persoas necesitadas

O Concello de As Neves traballa actualmente na rehabilitación de seis vivendas ocupadas por persoas en risco de exclusión, as cales foron seleccionadas polos Servizos Sociais do Concello, de acordo co informe do persoal técnico de urbanismo municipal.

As actuacións fináncianse coa subvención do plan galego de acceso a vivenda, aínda que o Concello asume un 5% dos importes, e non poden superar os 15.000 euros por inmoble rehabilitado.

Trabállase actualmente en tres casas de Tortoreos, dúas de San Cibrán e unha en San Xoán de Ribarteme.

Fonte | Faro de Vigo