No 2023 a subida nos prezos da vivenda en A Coruña foi a maior das catro capitales de provincia | Observatorio de Vivenda

No 2023 a subida nos prezos da vivenda en A Coruña foi a maior das catro capitales de provincia

No 2023 a subida nos prezos da vivenda en A Coruña foi a maior das catro capitales de provincia

A vivenda encareceu o seu prezo no ano 2023. En concreto, a cidade de A Coruña foi a capital de provincia con maior aumento, un 3,1% respecto ao mesmo periodo do 2022, ata chegar aos 1.193 euros por metro cadrado. En promedio, o crecemento en Galicia foi do 1,1%, situando o metro cadrado en 1.110 euros. A cidade máis cara en Galicia foi Vigo, onde o metro cadrado cotizou a 1.904 euros. 

As cifras recopiladas pola consultora especializada en vivenda Gestvalt a partir das procuras en portais e axencias pechan un balance do ano no que o Concello de A Coruña solicitou a declaración do municipio como zona tensionada. A cidade, de feito, é unha das capitais de provincia máis caras de todo o país. A cidade máis cara é San Sebastián á hora de adquirir un piso, a única onde o metro cadrado está por enriba dos 4.000 euros. A Coruña con chega a ese nivel, pero si é máis cara que outras urbes de maior poboación como Sevilla ou Valencia, onde o metro cadrado está a 1.709 euros e a 1.836, respectivamente. 

Fonte.- La Voz de Galicia