No 2024 a Xunta destinará 4 millóns de euros para facilitar o acceso á vivenda e promover o asentamento de poboación en concellos rurais de Galicia | Observatorio de Vivenda

No 2024 a Xunta destinará 4 millóns de euros para facilitar o acceso á vivenda e promover o asentamento de poboación en concellos rurais de Galicia

No 2024 a Xunta destinará 4 millóns de euros para facilitar o acceso á vivenda e promover o asentamento de poboación en concellos rurais de Galicia

A conselleira de vivenda Ángeles Vázquez lembra que o Goberno galego leva anos desenvolvendo políticas transversais de cara a fixar poboación no rural garantindo a calidade de vida e a adecuada prestación de servizos.

A conselleira incidiu en que o acceso á vivenda é un aspecto que inflúe decisivamente no asentamento de poboación no territorio. Así, en 2024 a Xunta reserva 1,9 millóns de euros para a concesión de axudas para a compra de vivendas en municipios de ata 10.000 habitantes dirixidas a mozos menores de 35 anos. Logo de subliñar que “esta partida supón unha suba do 27% con respecto ao orzamento de 2023”, a vicepresidenta segunda explicou que estas axudas permitiron axudas a 600 mozos nos últimos 3 anos.

A maiores, o vindeiro ano manteranse, cun orzamento de 2,1 millóns de euros, as axudas para recuperar inmobles e edificios de propiedade municipal dirixidas concellos de menos de 20.000 habitantes e que prevé sumar 331 vivendas en réxime de alugueiro ao parque público municipal.

Fonte.- Xunta de Galicia