Noruega e Suecia, os principais inversores en vivenda en España | Observatorio de Vivenda

Noruega e Suecia, os principais inversores en vivenda en España

Noruega e Suecia, os principais inversores en vivenda en España

Gran parte dos inversores no sector inmobiliario español proceden de Noruega (32%) e de Suecia (15%), segundo o portal especializado en cooperativas de vivenda Lacooop. As rexións españolas con maior captación de capital son Alicante e Murcia, e o tipo de vivenda máis buscado é unha casa unifamiliar de tres dormitorios, con piscina, terraza e un presuposto medio de 250.000 euros.

Os factores aos que máis atenden os inversores de fóra do noso país son o clima ou a proximidade á praia ou ás zonas comerciais.

A maioría dos usuarios valora este tipo de compra para atopar a súa segunda residencia polo aforro que lles supón respecto á vivenda convencional, así como compradores que deciden investir para vivir das rendas.

 

Fonte | Idealista