A nova Lei de arquitectura de Galicia impulsada pola Xunta dará prioridade á calidade por encima da oferta económica | Observatorio de Vivenda

A nova Lei de arquitectura de Galicia impulsada pola Xunta dará prioridade á calidade por encima da oferta económica

A nova Lei de arquitectura de Galicia impulsada pola Xunta dará prioridade á calidade por encima da oferta económica

A Xunta comeza coa tramitación da nova Lei de arquitectura de Galicia, coa que a Comunidade se situará na vangarda de España no impulso da súa calidade, xa que dará máis valor á calidade que á oferta económica.

Así, a nova lei introduce unha serie de particularidades na contratación pública da redacción dos proxectos e das direccións de obras como a recomendación de que os criterios de calidade teñan un peso do 75% da puntuación total nos contratos de servizo que non se tramiten por concurso e a oferta económica, polo tanto, non poderá avaliarse por encima do 25%. Tamén debe procurarse a contratación conxunta da redacción do proxecto e dirección da obra para garantir a continuidade e acadar a máxima calidade no proceso. 

A maiores, a Lei regulará o procedemento para acreditar a solvencia dos contratatistas tanto técnica como económica. A solvencia técnica acreditarase mediante títulos académicos ou profesionais en lugar dos proxectos realizados con anterioridade para abrir o campo a novos arquitectos e no que respecta á solvencia económica, poderase certificar a través dun seguro de responsabilidade civil e non só co volume anual de negocio.

Fonte | Xunta de Galicia