A nova normalidade inmobiliaria: a compra de pisos retrocede, mentres se dispara a de unifamiliares | Observatorio de Vivenda

A nova normalidade inmobiliaria: a compra de pisos retrocede, mentres se dispara a de unifamiliares

A nova normalidade inmobiliaria: a compra de pisos retrocede, mentres se dispara a de unifamiliares

Segundo a estatística notarial difundida este mércores, o mercado de compravenda mostrou en setembro que a pandemia está provocando de momento grandes disfuncións. A primeira, no tipo de inmobles que buscan os compradores: se as vendas xerais repuntaron un 5,4% foi polo extraordinario crecemento dos unifamiliares, xa que en setembro transmitíronse 12.513 casas deste tipo, un 24,9% máis que doce meses antes. Mentres, os pisos en bloque retrocederon un 0,5%, ata totalizar 33.070 vendas. 

A diferente evolución de pisos e unifamiliares trasládase tamén, aínda que en menor medida, aos prezos. Polos primeiros pagouse de media 1.560 euros por metro cadrado, un 5,8% menos que en setembro de 2019, mentres que nos segundos, con 1.065 euros por metro cadrado, o abaratamento respecto ao ano pasado é do 3,4%.

Ademáis, de acordo coas últimas cifras dos notarios, os terreos e solares urbanos que se venderon en setembro pagáronse a unha media de 82 euros por metro cadrado, sendo a baixada con respecto ao mesmo mes de 2019 do 51,7%.

Fonte | El País