Nova York písalle o freo aos aloxamentos de Airbnb cunha serie de novas limitacións | Observatorio de Vivenda

Nova York písalle o freo aos aloxamentos de Airbnb cunha serie de novas limitacións

Nova York písalle o freo aos aloxamentos de Airbnb cunha serie de novas limitacións

A partir do próximo 5 de setembro, a cidade de Nova York aplicará unha medida innovadora que, a efectos prácticos, terminará con Airbnb da forma en que funciona actualmente. A urbe logrou gañar a batalla legal contra a plataforma de aloxamentos e poderá empezar a aplicar unha serie de limitacións que cambiará por completo os alugueiros a curto prazo na cidade.

Entre as principais medidas atópase a prohibición de alugueiros inferiores a un mes, de tal forma que Airbnb só poderá ofrecer aloxamentos completos para estancias superiores a un mes, o que permitirá eliminar a moitos aloxamentos que resultaban ser unha alternativa aos hoteis (se que poderá ser unha estancia inferior a un mes cando o anfitrión resida no apartamento). Ademais, todos os anfitrións deberán rexistrarse e controlar a legalidade da súa actividade. Desta forma lógrase volver á filosofía tradicional do Airbnb: 'Bed and Breakfast'.

Fonte.- Xataka