As novas medidas do concello de Barcelona frenan a construción de vivenda nova | Observatorio de Vivenda

As novas medidas do concello de Barcelona frenan a construción de vivenda nova

As novas medidas do concello de Barcelona frenan a construción de vivenda nova

Tras a entrada en vigor da nova regulación do concello de Barcelona, onde se obriga ás promotoras das grandes promocións inmobiliarias a destinar un 30 por cento de vivenda social nas mesmas, as solicitudes de licencia para novas obras caeron en picado. En concreto, dende a aplicación da nova regulación, solicitáronse 64 licencias de grandes obras, nun período de máis de seis meses, mentres que nos dous meses anteriores á entrada en vigor, solicitáronse 234 licencias de obras maiores. Datos relevantes dunha medida conflictiva que se está levando ao Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña, por considerar que a medida xera inseguridade xurídica.

Fonte.- El País