Nove proxectos de rehabilitación nas tres ARI de Vilagarcía reciben financiación pública para as obras | Observatorio de Vivenda

Nove proxectos de rehabilitación nas tres ARI de Vilagarcía reciben financiación pública para as obras

Nove proxectos de rehabilitación nas tres ARI de Vilagarcía reciben financiación pública para as obras

Un total de nove proxectos de rehabilitación en inmobles ubicados nas Áreas de Rehabilitación Integral de Vilagarcía serán subvencionados con fondos públicos, cuxo custo total ascende a 421.000 euros, dos cales 103.000 serán financiados por ditas axudas públicas. Deste montante 76.000 euros proceden do Ministerio de Transportes e 26.120 da Consellería de Medio Ambiente. 

O maior número de proxectos (catro en total) corresponden á ARI de Vilagarcía, que inclúe zonas como O Castro, A Baldosa, Rey Daviña, Méndez Núñez e rúas intermedias. Nesta zona o custo das actuacións previstas ascende a 209.000 euros e serán subvencionables 62.900. 

Para a ARI de Vilaxoán presentáronse tres proxectos cun orzamento conxunto de 52.000 euros. Deles 26.100 serán financiados con cargo ao erario público. Por último en Carril promóvese a través desta convocatoria dúas iniciativas de rehabilitación valoradas en 160.000 euros, dos cales 24.000 son aportados polas administracións.

A maioría das obras a realizar son de arranxos e rehabilitación, así como aillamentos e revestimentos de fachadas ou cambios no tellado. Tamén hai proxectos para mellorar as condicións de habitabilidade e confor das vivendas e a accesibilidade dos inmobles.

Fonte | Diario de Arousa