O 30 por cento das operacións inmobiliarias en España son levadas a cabo por xóvenes | Observatorio de Vivenda

O 30 por cento das operacións inmobiliarias en España son levadas a cabo por xóvenes

O 30 por cento das operacións inmobiliarias en España son levadas a cabo por xóvenes

A Federación Internacional de Asesores e Axentes Inmobiliarios (FIABCI nas súas siglas francesas), estima nun 30 por cento a proporción de operacións no mercado inmobiliario levadas a cabo por xóvenes en España. Entendendo xóvenes por menores de 35 anos, trátase dunha tendencia positiva, pois en 2018 este mesmo rango de idade acaparou o 25 por cento do total de operacións. Un incremento dun 5 por cento que se traducen en 125.000 das 500.000 transaccións inmobiliarias levadas a cabo no país. O dato se explica na adaptación dos máis novos ás formas de operar por medios telemáticos e ao incremento de profesionais no sector.

Fonte.- ABC